• Contacto
  • Membros
  • Prensa
  • Noticias
  • Historia

Membros

1
  • 1 . ASTELEIROS TRIÑANES DOMINGUEZ, S.L.
  • 2 . ASTILLEROS AMADO
  • 3 . ASTILLEROS BABÍO CANLE, C.B.
  • 4 . ASTILLEROS CATOIRA
  • 5 . ASTILLEROS LAGOS
  • 6 . ASTILLEROS Y VARADEROS LAGO-ABEIJÓN, S.L.
  • 7 . CARPINTARÍA DE RIBEIRA FRANCISCO FRA RICO
  • 8 . CARPINTARÍA DOMINGO AYASO
  • 9 . CARPINTEIRÍA LORBÉ
  • 10 . ESTALEIRO ROSEVA
  • 11 . ESTALEIROS ABEIJÓN HERMANOS, S.L.
  • 12 . ESTALEIROS AGUIÑO
Antterior 1 2 Siguiente

ASTELEIROS TRIÑANES DOMINGUEZ, S.L.

Dirección: Ladeira, 33 – Chazo – 15938 Boiro (A Coruña)

Contacto: Tfno.: 981-84 74 40 – Fax: 981-84 57 88 – Móbil: 637-75 61 27

Página: http://www.asteleirostrinanes.org

Correo: asteleirostrinanes@infonegocio.com

ASTELEIROS TRIÑANES DOMINGUEZ, S.L. atópanse situados no lugar de Ladeira – Chazo, no concello de Boiro e iniciaron a súa actividade no ano 1978. Desde os seus inicios en Agañán (Boiro), dedicámonos á construción de distintos tipos de embarcacións (pesqueiros, auxiliares de acuicultura, chalanas, dornas, embarcacións de recreo, etc.), das que se levan construídas máis de 150 unidades, a maioría delas de máis de 10 T.R.B.

O noso traballo está baseado na aplicación de novas técnicas de construción naval en madeira e na utilización das últimas tecnoloxías, preocupados por ofertar ós armadores un tipo de barco moderno que responda con eficacia ós retos de mellora continua da calidade utilizando a madeira laminada nas nosas construcións e os epoxis como eficaces adhesivos e conservantes, o cal responde eficazmente ás esixencias de modernización propostas polas distintas directivas europeas en materia de seguridade e optimización das flotas pesqueiras e de acuicultura.

Cabe recordar que o emprego das novas tecnoloxías na madeira non supón o abandono do carácter artesán da profesión, senón que lle suma as vantaxes do chamado consumo responsable: Emprego de materia prima natural e autóctona. Baixo custe enerxético para producir. Escaso risco ambiental. Todo isto responde a unha filosofía na procura polo respecto e coidado do mar que os armadores destas embarcacións coñecen ben.

Instalacións

As nosas instalacións, pechadas en todo o seu perímetro para unha maior seguridade, constan dunha nave de 2000 m2, unha rampla varadoiro cunha superficie útil de 1000 m2, un secadoiro natural para a madeira, un guindastre torre para manipular esa madeira e para facilitar a instalación de maquinaria a bordo das embarcacións e sacar da auga as embarcacións de pequeno porte, e un taller mecánico co que se completa a oferta de servizos.

Galería: ASTELEIROS TRIÑANES DOMINGUEZ, S.L.

1 2 3
 
zona usuarios xunta