Historia
A construción de embarcacións de madeira en Galicia é unha actividade artesanal dun alto valor ecolóxico, impregnada da máis profunda sabedoría popular que deberiamos manter, non sú como parte do patrimonio marítimo e cultural, que tamén, senún que entendemos que se debe facer un esforzo por recuperar o pleno sentido productivo e comercial para esta actividade.
Para isto, é necesario poñer en marcha os mecanismos oportunos para corrixi-las eivas que, de maneira alarmante, están supoñendo un freo para un Sector que, por oubra banda, estase amosando como un elemento dinamizador para o aproveitmento dos recursos económicos e, consecuentemente, para a creación de riqueza, tal e como veñen avalando as cifras de novas construccións en madeira, que malia as terribles campañas de desprestixio, cada vez se pon máis de manifesto que na acuicultura e na pesca artesanal, a construción naval en madeira é un elemento a ter en conta na modernización e optimización da nosa flota de baixura. Por iso se creo recentemente a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira.